coma
coma
gr κ ῶ μα ‘sono profundo’
-
s
m
[PAT ]
Cadro clínico que se caracteriza por unha perda profunda da consciencia, con imposibilidade de espertar o paciente malia que o estimulen. Prodúcese cando se altera a interacción normal entre os hemisferios cerebrais e o sistema reticular activador do tronco.
-
coma crónico
[PAT ]
Estado de coma de meses ou anos de evolución nos que o paciente presenta unicamente unha vida vexetativa.
-
coma irreversible/profundo
[PAT ]
Estado de coma que conduce irremediablemente á morte cerebral.
-
coma víxil
[PAT ]
Coma en que o enfermo, inconsciente, permanece cos ollos abertos e fixos e coa cara inexpresiva.