coloración

coloración

colorar

Plural: coloracións
  1. s f

    Acción e efecto de colorar ou colorear.

  2. s f

    Cor que se lle aplica a algo ou cor que adquire unha cousa.

  3. s f [BIOL ]

    Procedemento para discernir os diversos compoñentes da mostra viva ou fixada sometida a exame. Baséase na capacidade selectiva e diferencial dos compoñentes para reter a materia colorante.

  4. s f [PINT ]

    Parte do colorido que se compón de tres cores relacionadas e dirixidas por unhas normas estéticas que regulan a súa cantidade.

  5. s f [MÚS ]

    Termo que na notación antiga designaba o emprego da cor para encher as notas (vermella ou negra) e indicar diferentes valores de duración ou cambios de ritmo.

    1. coloración de advertencia

      Coloración da superficie externa dun ser vivo para lles mostrar aos posibles depredadores que pode ser perigoso.

    2. coloración protectora

      Coloración da superficie externa dun ser vivo para que a súa presenza pase inadvertida ante posibles depredadores ou posibles presas.

Sinónimos

Citas

  • A coloración da parede non quedou moi uniforme, A coloración da súa cara delataba un problema co alcol
  • A coloración que empregou a decoradora non lle pareceu adecuada á dona
  • Non me gusta moito a coloración verdosa que lle deches a ese moble