coloquio

coloquio

lat colloquĭu ‘coloquio, conversa’

Plural: coloquios
  1. s m
    1. Conversa, especialmente dunha certa importancia, entre dúas ou máis persoas.

    2. Disertación pública sobre un tema entre persoas especializadas na materia.

  2. s m

    Intercambio de opinións ao remate dunha conferencia ou doutro acto semellante.

  3. s m [LIT ]

    Obra literaria dialogada, en prosa ou verso, na que os personaxes expoñen distintas opinións de carácter social, filosófico ou moral desde unha perspectiva crítica.

Sinónimos

Citas

  • Deberiades asistir aos coloquios sobre as saídas laborais das carreiras
  • Gústame escoitar o coloquio que hai despois da proxección da película
  • Xa iniciaran o coloquio cando chegamos nós