clave
clave
lat clave ‘chave, pecho’
-
s
f
Conxunto de signos ou sinais cun significado concreto que só coñecen certas persoas e que é utilizado para un determinado fin.
-
s
f
[MÚS ]
Signo que se coloca ao principio do pentagrama e que determina a altura exacta das notas dentro da escala musical.
-
s
f
Aquilo que constitúe a explicación dunha cousa ou que permite comprendela.
-
s
f
Aquilo que é o máis importante, imprescindible ou do que depende todo o demais no asunto que se trata.
-
s
f
[CONSTR ]
Doela central que pecha un arco ou bóveda, co obxecto de lle dar estabilidade e permitir que se lle poida apartar a cimbra sobre a que se montou.
-
clave analítica/de determinación
[BIOL ]
Método práctico para chegar á identificación de exemplares de seres vivos.
Sinónimos
Citas
- As pezas clave nesta investigación inda están por chegar
- Creo que a clave da victoria estivo na inspiración do dianteiro
- Mandámoslle unha mensaxe en clave
- Non descifraron a mensaxe porque non sabían as claves