cítrico -ca

cítrico -ca

lat citru ‘limón’

Plural: cítricos Masculino: cítrico Masculino plural: cítricos Feminino: cítrica Feminino plural: cítricas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cítricos.

  2. s m
    1. Árbore ou arbusto da familia das rutáceas, (do xénero Citrus), que ten o froito en hesperidio, grande e comestible, de polpa con moito zume, aceda e rica en vitamina C, e presenta pel rugosa.

    2. Froito dun cítrico.

  3. ácido cítrico [QUÍM ]

    Ácido tricarboxílico amplamente distribuído en tecidos e líquidos orgánicos, que se obtén do zume das plantas da familia dos cítricos. Emprégase na elaboración de sales efervescentes, xaropes ou bebidas aciduladas, e como regulador do pH, como antioxidante e antiespumante e como reactivo analítico.

Citas

  • A producción cítrica do Mediterráneo está entre as primeiras do mundo
  • Podemos considerar o limón como o cítrico por excelencia

Palabras vecinas

citral citrano citrato cítrico -ca citricultura citrina citrino -na