adoptar

adoptar

lat adoptāre ‘adoptar, tomar un fillo’ ad ‘a’ + optare ‘desexar’

  1. v t

    Tomar por fillo un neno que non o é bioloxicamente.

  2. v t

    Facer alguén de seu a opinión ou calquera cousa doutro.

  3. v t

    Tomar unha resolución despois dunha previa deliberación.

  4. v t

    Adquirir unha forma determinada.

Sinónimos

Citas

  • Non lle gusta adoptar as mañas dos seus compañeiros
  • Os plásticos derretidos deron en adoptar forma de serpe
  • Pensa adoptar un neno africano
  • Van adoptar medidas sobre o tema da empacadora
Conjugar
VERBO adoptar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adopto
adoptas
adopta
adoptamos
adoptades
adoptan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoptaba
adoptabas
adoptaba
adoptabamos
adoptabades
adoptaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoptei
adoptaches
adoptou
adoptamos
adoptastes
adoptaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoptara
adoptaras
adoptara
adoptaramos
adoptarades
adoptaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoptarei
adoptarás
adoptará
adoptaremos
adoptaredes
adoptarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoptaría
adoptarías
adoptaría
adoptariamos
adoptariades
adoptarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adopte
adoptes
adopte
adoptemos
adoptedes
adopten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoptase
adoptases
adoptase
adoptasemos
adoptasedes
adoptasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoptar
adoptares
adoptar
adoptarmos
adoptardes
adoptaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
adopta
-
-
adoptade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoptar
adoptares
adoptar
adoptarmos
adoptardes
adoptaren
Xerundio adoptando
Participio adoptado
adoptada
adoptados
adoptadas