cínico -ca
cínico -ca
lat cynĭcu gr κυνικός ‘canino’
-
adx
Relativo ou pertencente á escola cínica.
-
adx
Que é propio dunha persoa cínica.
-
adx
Que mente con descaro. Tm s.
-
escola cínica
[FILOS ]
Escola filosófica grega iniciada por Antístenes, discípulo de Sócrates, no s V a C. Defendían a liberdade radical do individuo, aspiraban á autosuficiencia moral, desprezando as convencións sociais.
Citas
- É tan cínica que non lle importa que saibas que mente, Cústame soportar os cínicos que viven nesta rúa
- Non vai facer moitos amigos co seu comportamento cínico
- Os seus amigos son bastante cínicos e se non os coñeces pásalo mal coas súas groserías