chan, chá

chan, chá
  1. adx
    1. Que carece de desniveis ou relevos.

    2. Aplícase ao prato de tamaño medio cos bordos pouco elevados.

    3. Aplícase ao mar cando presenta ondas de altura comprendidas entre 0 e 0,25 m.

  2. adx
    1. Que carece de complicacións e artificios.

    2. Aplícase á persoa de trato sinxelo e natural.

  3. s m

    Superficie da terra sobre a que se anda.

  4. s m

    Superficie plana xeralmente recuberta dun material resistente para poder pisar.

  5. s m

    Parte exterior e superficial da codia terrestre, especialmente a que se dedica ao cultivo.

Palabras vecinas

chamuscar chamusco chamuza chan, chá chanca chancada chancear