abbevilliano -na
abbevilliano -na
Plural:
abbevillianos
Masculino:
abbevilliano
Masculino plural:
abbevillianos
Feminino:
abbevilliana
Feminino plural:
abbevillianas
-
adx
Relativo ou pertencente a técnica abbevilliana ou ao Abbevilliano.
-
s
m
[ARQUEOL ]
Técnica de percusión baseada na talla periférica, asimétrica e sobre zafra dorminte empregada para obter bifaces e outros artefactos.
-
s
m
[PREHIST ]
Tecnocomplexo do Paleolítico Inferior que se desenvolveu durante un período interglaciario cálido. Caracterízase por un tipo de biface tallado por percusión dura e dorminte. En Europa, precede cronoloxicamente ao Acheuliano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.