censo

censo

lat censu, de censēre, ‘estimar’, ‘avaliar’

Plural: censos
    1. s

      Cómputo estatístico dunha poboación ou de calquera ben moble ou inmoble, realizado sobre unha base territorial determinada e nun momento concreto con fins demográficos, fiscais, electorais ou como instrumento de planificación política.

    2. censo de poboación

      Reconto oficial e periódico da poboación dun territorio determinado que ten como obxectivo coñecer o tamaño, a distribución e as características da poboación nun momento concreto.

    3. censo de vivendas

      Conxunto de operacións que tenden a compilar e publicar os datos relativos a todos os recintos dun determinado territorio destinados á habitación humana, xa se conciban como tales ou non.

    4. censo electoral [POLÍT ]

      Documento público en que constan os electores con dereito a sufraxio.

    1. s

      Imposición ou prestación periódica, en cartos ou en especie, que afecta tanto á orde tributaria ou fiscal como á contractual.

    2. s

      Contrato agrario de carácter perpetuo ou temporal polo que se concedía o dominio dunha propiedade ou da explotación dun ben inmoble a cambio dunha renda en diñeiro ou en especie.

  1. censo de mostraxe [MAT ]

    Enumeración dunha subpoboación.

Sinónimos

Confrontaciones

rexistro