rexistro
lat tardío regĕsta -ōrum, de regerere, ‘transcribir’
-
s
m
Acción e efecto de rexistrar.
-
s
m
Anotación feita ao gardar constancia dunha cousa.
-
-
s
Libro en que se anotan regularmente feitos ou datos de que se quere deixar constancia.
-
rexistro civil
[DER ]
Rexistro onde constan oficialmente os nacementos, matrimonios, defuncións, naturalizacións ou a veciñanza dos cidadáns.
-
rexistro da propiedade
[DER ]
Instrumento técnico da publicidade do tráfico inmobiliario que ten por obxecto a inscrición das actas e os contratos relativos ao dominio e os dereitos reais sobre os inmobles.
-
rexistro mercantil
[DER ]
Oficina pública onde están inscritos os comerciantes, os barcos e certos documentos que indica a lei.
-
s
-
s
m
Oficina onde se rexistran documentos, actas ou contratos para a súa constancia oficial.
-
s
m
Abertura provista de tapa que permite ter acceso ao interior das conducións subterráneas para comprobar o seu estado.
-
s
m
-
Peza móbil dun órgano ou dun harmonio que permite modificar o timbre dos sons.
-
Cada un dos diferentes timbres do órgano ou do harmonio.
-
Extensión que comprende normalmente cada un dos tipos de voz humana, entre os que se distinguen os de soprano, mezzosoprano, contralto, tenor, barítono e baixo.
-
-
s
m
[INFORM ]
Procedemento que permite a fixación e almacenaxe de información nun soporte material adecuado, sexa manual ou automático, para a súa conservación indefinida e a súa reprodución puntual.
-
s
m
[ARQUIV/BIBLIOT ]
Compilación manuscrita de documentos orixinais ou copias no momento da súa expedición.
-
s
m
[LING ]
ariedade funcional dunha lingua que se debe á asociación habitual entre uns determinados trazos lingüísticos, fonéticos, gráficos, gramaticais, léxicos, e uns factores correlativos propios da situación de uso, como o tema, a canle, a formalidade ou o propósito da comunicación.
-
s
m
[MAR ]
Arqueo dun navío.