adaptación

adaptación

adaptar

Plural: adaptacións
  1. s f

    Acción e efecto de adaptar ou adaptarse.

  2. s f [ANTROP/SOCIOL ]

    Proceso social e cultural que facilita o axeitamento dos individuos, grupos humanos ou colectividades sociais ao medio físico e social no que se desenvolven.

  3. s f [BIOL/ECOL ]

    Conxunto de modificacións hereditarias que lle permiten a un organismo ou unha especie adecuarse ao medio.

  4. s f

    Transformación dun texto literario noutro xénero ou medio expresivo.

  5. s f [MÚS ]

    Arranxo dunha obra con vista a executala con elementos distintos dos orixinais.

  6. síndrome de adaptación [PAT ]

    Conxunto de reaccións non específicas do organismo fronte a unha agresión calquera.

Confrontaciones

adecuación, especiación, herdanza, selección, variación

Citas

  • Non houbo forma de adaptación posible dos koalas no zoolóxico