herdanza

herdanza

herdar

Plural: herdanzas
    1. s [DER ]

      Dereitos, obrigacións e bens que, unha vez morto o titular, poden ser transmitidos a un terceiro, herdeiro ou legatario. Os dereitos e as obrigacións (activas ou pasivas) han de ser persoais.

    2. herdanza mutual

      Institución contractual recíproca de herdanza entre os esposos a favor do que sobreviva.

  1. s f fig

    Aplícase ao que procede do pasado e que se transmite á posterioridade.

  2. s f [XEN ]

    Fenómeno de transmisión dun conxunto de caracteres conxénitos entre os individuos dunha determinada especie.

Sinónimos

Citas

  • Aínda pervive a herdanza do colonialismo