casa

casa

lat casa ‘choza, casa de campo’

Plural: casas
    1. s

      Construción que está destinada para a vivenda.

    2. casa mortuoria/do defunto

      Casa na que morreu algunha persoa e desde onde sae o enterro.

    3. casa reitoral

      Casa da parroquia destinada a vivenda do párroco.

    1. s

      Edificio destinado a un uso público determinado ou a un uso privado que non sexa vivir nel.

    2. casa da moeda

      ceca.

    3. casa de citas/prostitución/putas

      Establecemento onde se exerce a prostitución.

    4. casa de Deus/do Señor

      Templo dedicado ao culto relixioso cristián.

    5. casa de hóspedes

      Establecemento no que, a cambio dun determinado prezo, se ofrece hospedaxe e, ás veces, tamén manutención. OBS: Tamén se denomina pousada.

    6. casa de postas

      Lugar no que descansaban e se abastecían as cabalarías, os correos ou os viaxeiros nos desprazamentos de longa distancia.

    7. casa de préstamos/empeños

      Establecemento onde se prestan cartos deixando a cambio obxectos de valor como garantía.

    8. casa consistorial/do concello

      Edificio onde se reúne a corporación municipal e que serve de sede principal dos seus órganos administrativos.

    1. s

      Institución fundada para realizar unha determinada tarefa ou para prestar un servizo público e social.

    2. casa berce

      Albergue onde se recollen e se lles dá aloxamento aos nenos orfos.

    3. casa de acollida

      Centro, no que se ofrece protección, aloxamento e asesoramento xurídico, para mulleres que sufriron malos tratos e que se atopan indefensas e desprotexidas.

    4. casa de beneficencia

      Centro no que se presta axuda a xente con necesidades económicas ou doutro tipo.

    5. casa de cultura

      Institución municipal de cultura constituída xeralmente por un edificio independente que recolle diferentes institucións culturais.

    6. casa de socorro

      Institución de asistencia médica para accidentados.

  1. s f
    1. Empresa ou establecemento dedicado ao comercio.

    2. Delegación que posúen as empresas en diferentes lugares.

    1. s

      Entidade histórica ligada a un territorio e á liñaxe dun rei ou dun nobre e aos membros da súa familia.

    2. casa patrucial

      Casa de labranza ou casa adscrita a un terreo rústico, sede dunha liñaxe organizada como unidade de explotación rural, cun patrimonio importante acumulado ao longo de xeracións e conservado grazas á institución do herdeiro, que tende a ser economicamente autosuficiente.

  2. s f

    Cada unha das subdivisións cuadrangulares dalgúns papeis, documentos ou táboas, destinadas a conter algunha información.

  3. s f
    1. Divisións que hai nos taboleiros de determinados xogos.

    2. Lugar onde se está protexido fronte a unha acción dun contrincante en determinados xogos.

  4. s f

    Envoltura dura e ríxida dun animal, que lle serve de protección, como a de natureza calcaria dos caracois ou a ósea das tartarugas.

  5. casa celeste [ASTRON ]

    Cada unha das doce partes nas que se considera que está dividido o ceo.

Sinónimos

Citas

  • A casa militar do rei, A casa civil do príncipe, A casa do infante
  • As casas dun taboleiro de xadrez son de dúas cores
  • Consulta na guía o teléfono da casa oficial da marca de electrodomésticos
  • muller
  • Os dereitos da canción tenos a casa de discos
  • Riscou a casa da resposta

Frases hechas

  • Casa forte. Familia con moitos cartos e con bens patrimoniais.

  • Andar o demo na casa. Andar mal alg

  • Casa de pousafoles. Lugar no que hai pouca autoridade.

  • Casa de tolos. Lugar no que hai unha gran desorde.

  • Casa quente. Casa que est

  • De boa casa. De familia honorable e distinguida.

  • De casa en casa. Dun lugar a outro.

  • Desfacer(se) a casa. Empobrecer(se), arruinarse ou mesmo desaparecer unha familia.

  • Facer casa. Facer cartos e aforralos.

  • Irse da casa. Morrer.

  • Non caber en toda a casa. Estar moi incomodado o dono e rifar con todos.

  • Non ser da casa. Ser estra

  • Non ter casa nin lar. Vivir na miseria.

  • Sen casa nen vida. Persoa que anda dun lugar para outro.

  • Ser como da casa. Ser como da familia.

  • Ser o herdeiro da casa queimada. Ser o fillo dunha casa arruinada.

  • Ter casa aberta. Ser hospitalario.

  • Ter casa franca. Ter dereito a habitar de balde un edificio ou unha parte dun edificio.

Refranes

  • A casa na praza ten as portas de prata.
  • A casa ten o que lle levan.
  • A casa, a cama e a muller, canto mellar poi dan ser.
  • Amigo de verba, cabalo de herba e casa de terra, todo é merda.
  • Barro e cal encobren moito mal.
  • Cada gorrión quere o seu espigón.
  • Cando me decatei entroume na casa quen menos pensei / quen nunca pensei.
  • Cando saias da casa, mexa ben e ata as calzas.
  • Casa con curral, requere comodidá.
  • Casa de dúas portas, por unha sae o que entra pala outra.
  • Casa de esquina, para a miña veciña.
  • Casa de harta non entra na canta.
  • Casa de terra, cabalo de herba e amigo de verba, todo é merda.
  • Casa feita, bulsa desfeita.
  • Casa feita, cava aberta.
  • Casa nova, dono marta.
  • Casa por renda e muller sen facenda, atópase ande se queira.
  • Casa, a que morares; terras, as que vires; viñas, as que plantares.
  • Casa, labrada; e viña, mercada ou herdada.
  • Casas, cantas "queipas"; viñas, cantas queiras.
  • En lugar de señorío non fagas o teu niño; e, se o fai o pai, non o faga o fillo.
  • Niño feito, paxaro marta.
  • Non hai casa que non teña a súa zurrumalla.
  • Non sabe o que ten o que ten a casa de seu.
  • Non sabe o que ten quen casa de seu ten.
  • O que casa fai, casa desfai.
  • O que non ten casa de seu, de cada pobo é veciño.
  • Onde non entra o sol, entra o menciñeiro.
  • Pinga, pinga, na casa da tía Dominga.
  • Pola portada coñécese a casa I coñécese a morada.

Palabras vecinas

carvén carvés cas casa casaca casación casación