can

can

lat cane ‘can’

Plural: cans
    1. s

      Mamífero carnívoro, da familia dos cánidos, de aspecto, forma e pelame moi diversos segundo as razas, domesticado polo home.

    2. can adoecido/doente/danado

      Can que ten a rabia.

    3. can chinés

      Can pequeno que non ten pelo no seu corpo.

    4. can de palleiro

      Can de xenealoxía incerta.

  1. s m [PESCA ]

    Arte de pesca que consta dun aparello con forma de angazo que, a medida que se arrastra polo fondo do mar, vai apañando diversos tipos de mariscos que quedan depositados nunha rede que leva detrás.

  2. s
    1. Moeda antiga que, segundo fose de cinco ou dez céntimos, recibía o nome de can pequeno ou can grande, respectivamente.

    2. Moeda de escaso valor.

Sinónimos

Confrontaciones

pataco, patacón

Frases hechas

  • Coma ir a caza sen can. Perder o tempo nalg

  • Espertar o can que dorme. Buscar problemas.

  • Meter os cans na bouza. Encirrar m

  • Morrer adoecendo coma un can/Morrer coma un can de rabia. Levar mala morte, morrer entre grandes dores.

  • Morrer coma un can. Morrer algu

  • Nin os cans paran. Tempo no que vai moito fr

  • . Correr a un coma un can. Perseguir a algu

  • Can sen dono. O que leva vida de vagabundo.

  • Cara de can. Cara de poucos amigos.

  • Contarlle os pelos a un can. Facer algo in

  • Facer como os cans grandes cos pequenos. Actuar coma as persoas fortes e poderosas que desprezan os ataques dos m

  • Levarse coma cans e gatos. Levarse mal.

  • Non hai can que a roia. Cousa que non se pode crer.

  • Non quedou can tras palleiro que non cachease. Buscar algo de maneira exhaustiva.

  • Non vale o rabo dun can. Apl

  • Parecer un can sen dono. Persoa que anda sempre soa e que non ten amigos.

  • Resultoulle un can calzado. Sa

  • Ser un can vello. Ter experiencia abonda, ser cauto e astuto.

  • Ser unha cadela coma un can. Ser ru

  • Ter carne de can. Persoa que resiste calquera infortunio.

  • Tratar coma un can a un. Maltratar ou desprezar a algu

Refranes

  • . O can de boa raza pensa no pan e na caza.
  • A can que os dentes regaña, dálle pan ou tallada.
  • Anque o caD: ten catro patas, por un só camiño anda.
  • Ben está o can, cando non quere pan.
  • Can de palleiro non quere compañeiro.
  • Can doente non coñece a xente.
  • Can que moito ladra, ruín é para a casa.
  • Can que moito lambe tira o sangue.
  • Can que non ventea, non lebrea.
  • Can que ten a nai na aldea, moito oubea.
  • Can que vai a moitas vodas, non pode comer en todas.
  • De can, cadela; e de cadela, can.
  • Mentres o can dorme, o lobo mata e come.
  • Nunca falta un can para unha merenda.
  • Nunca o can morde a cadela.
  • O can coa onda a seu dono se toma.
  • O can de hortelán non come as verzas nin deixa collelas para comelas.
  • O can de Xan Torrado canto fai cos pes desfaino co rabo.
  • O can do hortelán nin famento nin farto deixa de ladrar.
  • O can oubea e o burro ornea.
  • O galgo á larga a lebre mata.
  • O galgo, a pasiño, camiña máis, e o cadelo, galgando, queda atrás.
  • O que non queira cans á porta, que bote a cadela fóra.
  • O que non queira ter cans á porta, que bote a cadela fóra.
  • O que ten medo merca can.
  • Se che din que o teu can está doente, mata axiña o can, Vicente.
  • Se ten medo o galán, bota fóra o can.
  • Tres anos de can novo e tres de bo can; tres anos de can vello e tres de folgazán.

Palabras vecinas

campus camuflar camuflaxe can can can cana