acto

acto

lat actu ‘acto, acción’

Plural: actos
  1. s m

    Feito realizado polo home, efecto dunha determinación da vontade.

  2. s m

    Acontecemento ou feito público.

  3. s m [FILOS ]

    Estado de existencia real que se opón á potencia na filosofía de Aristóteles.

  4. s m [LING ]

    Unidade significativa de produción verbal na que concorren a un mesmo tempo pronuncia e significado, intención coa que se dixo algo e repercusións que ten o que se dixo.

  5. s m [LIT/ESPECT ]

    Cada unha das partes nas que se divide unha obra escénica, separada das outras por un intervalo.

  6. acto administrativo [DER ]

    Declaración de vontade, de xuízo, de coñecemento ou de desexo realizado pola administración pública no exercicio dunha potestade administrativa distinta da regulamentaria.

  7. acto carnal/acto sexual

    coito.

  8. acto de servizo [DER ]

    Acto que fai referencia ao cumprimento da función pública por parte dun funcionario, especialmente por parte dun militar ou dun axente armado.

  9. acto humano [FILOS ]

    Acto que, segundo a escolástica, provén dunha decisión libre e persoal.

  10. acto morboso [MED ]

    Acto anormal que realiza un enfermo mental.

  11. acto puro [FILOS ]

    Calidade que, segundo a escolástica, só se lle pode aplicar a Deus, en tanto que é pensamento puro, perfecto e ausente de materia.

  12. acto reflexo [FISIOL ]

    reflexo.

  13. acto voluntario [FISIOL ]

    Acción ou inhibición consciente controlada polo córtex cerebral.

  14. acto xurídico [DER ]

    Feito humano realizado por unha vontade consciente e exteriorizada que produce efectos xurídicos.

Confrontaciones

testamento

Citas

  • Hoxe tivo lugar o acto solemne da inauguración da nova facultade
  • Moitas das veces os seus actos son inexplicables