cal

cal

lat calce

Plural: cais
  1. s m

    Óxido de calcio impuro, que se emprega na construción, para depurar augas duras e como material refractario no recubrimento de fornos de alta temperatura. OBS: Tamén se denomina cal anhidro ou cal vivo.

  2. cal hidráulico [QUÍM ]

    Pedra calcaria calcinada con propiedades semellantes ás do cemento.

  3. cal morto/hidratado/apagado

    Hidróxido de calcio comercial, que se emprega na industria química, na construción e como funxicida e fertilizante. Mesturado con area ou pedra moída constitúe a argamasa.

  4. cal sodado [QUÍM ]

    Mestura dos hidróxidos de calcio e de sodio que se emprega na industria e nos laboratorios pola súa propiedade para absorber o dióxido de carbono.

  5. cloruro de cal [QUÍM ]

    Hidrato do sal dobre de hipoclorito e cloruro de calcio, que se emprega como oxidante, branqueador e desinfectante. OBS: Tamén se denomina pos de gas ou de branqueado.

Palabras vecinas

caixón cakchiquel cal cal cal cal cala