caínza

caínza

cana

Plural: caínzas
  1. s f

    Armazón de canas, varas ou vimbios entretecidos, utilizada para diversos usos.

  2. s f

    Armazón feita de táboas, canas, varas ou vimbios entretecidos que se coloca entre os fungueiros do carro para amarrar a carga.

  3. s f

    Aveño de labranza constituído por unha estrutura de táboas e varas entretecidas que se usa para achaiar a terra.

  4. s f

    Estrutura de paus e varas entretecidos colocada á entrada dunha propiedade como porta.

  5. s f

    Armazón feita de táboas entretecidas con canas ou vimbios que se coloca a certa altura sobre o lume para secar ou afumar alimentos.

Sinónimos

Confrontaciones

espeteira, fumeira, grade, varal