cainotérido
cainotérido
Plural:
cainotéridos
-
adx
Relativo ou pertencente aos cainotéridos.
-
s
m
[PALEONT ]
Mamífero da familia dos cainotéridos.
-
s
m pl
[PALEONT ]
Familia de mamíferos fósiles da suborde dos tilópodos, que se caracteriza por medir uns 30 cm de lonxitude, coas patas traseiras máis longas ca as dianteiras e todas elas rematadas en pezuños de dous dedos e co resto reducidos. Presentaban tamén orellas longas e hábitos semellantes aos coellos.