caída
caer
-
s
f
Acción e efecto de caer.
-
s
f
-
Pendente dunha superficie cara a abaixo.
-
Desnivel brusco dunha corrente de auga a causa do desnivel do terreo que pode ser aproveitado como fonte de enerxía.
-
-
s
f
Diminución considerable do valor ou do prezo dalgunha cousa.
-
s
f
Falta ou acción reprobable na conduta dunha persoa.
-
s
f
Parte final dun período de tempo.
-
s
f
Cambio do tipo de goberno ou dominio.
-
s
f
[LING ]
Fenómeno de desaparición dun son ou dun grupo de sons sen influír na articulación dos sons veciños.
-
s
f
-
Inclinación dos paus dun barco, medida pola distancia horizontal entre o pé do pau e a vertical do extremo superior.
-
Cada un dos lados das velas que van de arriba cara a abaixo.
-
-
s
f p ext
-
Calidade das teas cando caen con peso abondo ou xeito como se axusta ou se encarta unha peza confeccionada.
-
Parte que pendura nunha toalla, nunha cortina ou en calquera outra peza.
-
-
s
f
[XEOG ]
Lado superior do noiro continental ou da vertente dunha canle que limita a chaira mariña. OBS: Tamén se denomina plataforma continental.
-
caída de potencial/de tensión
[FÍS ]
Diferenza de potencial entre dous puntos dun circuíto, producida polo paso dunha corrente eléctrica a través dun elemento disposto entre estes dous puntos.
-
caída libre
[FÍS ]
Movemento dun corpo sometido unicamente á forza dun campo gravitatorio.
Sinónimos
Citas
- A caída das cortinas quedou un pouco curta
- A tea que compraches non ten caída para facer unha chaqueta, Esa saia ten moita caída
- As accións que compramos sufriron fortes caídas o mes pasado
- Chegamos de volta da romaría á caída do día
- Está intentando deixar a adicción ás drogas, aínda que xa tivo unha caída
- Está tomando medicamentos para frear a caída do pelo, A caída que sufriu o albanel dende o sétimo piso non lle deixou secuelas
- Os pobos xermánicos invadiron Europa trala caída do Imperio Romano
- Se seguimos subindo por esta aba imos ver as caídas que hai máis arriba
- Superaron a caída do terreo cunha ponte
Refranes
- Caer, inda que sexa a modo, nin unha vez soilo.
- Cando caias, erte de teu, se non che botan a mano
- Nunha mala hora cae a casa.
- O mellor cabalo dá un tropezón.
- Os poldros caíndo e os mozos brincando, van asisando.
- Quen non monta a cabalo, nunca cae do cabalo.