cabo

cabo

lat caput ‘cabeza’

Plural: cabos
  1. s m

    Parte final dun espazo, dun período de tempo ou dunha cousa.

  2. s m [XEOG ]

    Punta de terra que sobresae do resto da costa e que penetra no mar.

    1. s

      Corda ou aramio, especialmente o usado a bordo dos barcos, que se emprega como útil de traballo ou para amarrar un barco ou unha rede.

    2. cabo da boia

      Corda que arría un barco no peirao.

    3. cabo de popa

      Corda situada na popa dunha embarcación destinada a amarrar.

    4. cabo de proa

      Corda situada na proa dunha embarcación destinada a amarrar.

  3. s m

    Parte dun aparello ou dun instrumento que serve para agarrar coas mans.

  4. s m

    Remate ou parte que queda cando algunha cousa está a piques de extinguirse.

    1. s

      Grao militar, inmediatamente superior ao de soldado, que ten o mando da escuadra ou dunha pequena unidade.

    2. cabo primeiro

      Aquel que ocupa o grao intermedio entre cabo e sarxento.

  5. s m [ANIMAL/ICT ]

    Anguía próxima a abandonar o río.

  6. prep

    Ao lado de, xunto a. OBS: Tamén se emprega seguido da preposición de formando a locución prepositiva cabo de.

Sinónimos

Confrontaciones

fin

Citas

  • A vide comeza no outro cabo da veiga, Non pouses o prato no cabo da mesa porque pode caer, Non conseguín durmir ata o cabo da noite
  • Busca un cabo para pacer un fardo coa vela rota
  • Non movas o cabo da candea porque se pode apagar
  • Ten coidado coa fouce porque ten o cabo roto

Frases hechas

  • Atar cabos. Relacionar diferentes datos de xeito que se chegue a aclarar ou descubrir algunha cousa.

  • Cabo da casa. Cabeza de familia.

  • Cabo de loc prep Xunto a, a car

  • Dar cabo a unha cousa. Finalizar unha cousa.

  • De cabo a rabo. Desde o principio ata o final.

  • Estar unha persoa no cabo do conto. Co

  • Levar a cabo. Realizar unha actividade.

  • Non ter cabo. Non ter fin.