cabana

cabana

lat capanna lat capĕre ‘caber’

Plural: cabanas
  1. s f

    Construción simple e de dimensións reducidas que ten un cercado e está edificada a base de materiais lixeiros entrelazados, recubertos de palla, cortizas, peles, terra e lama.

  2. s f

    cabanel.

  3. s f

    Casa pequena e ruín construída con madeiras e teito de palla.

Sinónimos

Citas

  • A cabana da serra está caendo, haina que reparar
  • Gardou o carro e os aveños do campo na cabana
  • Había unha cabana no medio da leira
  • Meteu o millo na cabana
  • Vivían todos xuntos nunha cabana