bucólico -ca

bucólico -ca

lat bucolĭcu gr βουκολικός gr βουκόλος ‘boieiro’

Plural: bucólicos Masculino: bucólico Masculino plural: bucólicos Feminino: bucólica Feminino plural: bucólicas
  1. adx
    1. Relativo ou pertencente á vida e á ocupación dos pastores.

    2. Que goza coa vida tranquila e ideal do campo. Tm s, referido a persoa.

    1. adx

      Que cultiva o xénero bucólico. Tm s, referido a persoa.

    2. Aplícase ao hexámetro dactílico con diérese despois do cuarto pé que usaban a miúdo os poetas bucólicos.

    3. Aplícase ao xénero literario, especialmente poético, que idealiza a vida no campo e a vida dos pastores.

Sinónimos

Citas

  • Leva unha vida bucólica afastada dos ruídos da cidade

Palabras vecinas

buco- bucodental bucólica bucólico -ca bucolingual bucolismo bucranio