bucina
bucina
lat bucĭna ‘trompa de corno’
-
f
[ANIMAL ]
Gasterópodo, da orde dos neogasterópodos, de cuncha de cor clara con debuxos castaños nas espiras anchas e tuberculadas.
-
f
[TECNOL ]
Avisador acústico que se basea na transformación de enerxía eléctrica ou mecánica en enerxía sonora e na amplificación desta nun tubo de forma.
-
f
[TECNOL ]
Tubo de sección variable con superficies terminais de áreas diferentes que se destina a encaixar correctamente unha membrana vibrante de superficie pequena ao aire ambiente.
-
f
[MÚS ]
Trompeta medieval recta, moi longa e estreita.