braga
braga
lat braca
-
f
Peza interior feminina axustada ao corpo que cobre desde a cintura ata as inguas, con dúas aberturas na parte inferior por onde pasan as pernas. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
f
Parte posterior do ventre, nalgúns animais coma os porcos, as vacas ou os cabalos, que inclúe tamén a parte interior do comezo das coxas.
Citas
- Agasalláronme cunhas bragas como regalo de aniversario
- Este touciño é o da braga do porco