boro
borax
-
m
[QUÍM ]
Elemento non metálico que pertence ao grupo III A da táboa periódica, de número de oxidación 3 e masa atómica 10,81. O boro emprégase en técnicas nucleares, e como mellorador de combustibles en motores de reacción.
-
hidruro de boro
[QUÍM ]
Calquera composto formado por boro e hidróxeno.
-
nitruro de boro
[QUÍM ]
Cada unha das dúas formas sólidas de fórmula empírica BN.
-
óxido de boro
[QUÍM ]
Sólido semitransparente, de aspecto vítreo, higroscópico, preparado pola ignición do ácido bórico. Emprégase en metalurxia, en análise química e na fabricación de vidros resistentes ao lume.
-
tricloruro de boro
[QUÍM ]
Líquido incoloro que se emprega como catalizador en síntese orgánica e como materia prima para a obtención de moitos compostos de boro.
-
trifluoruro de boro
[QUÍM ]
Ácido de Lewis máis forte que se coñece, polo que ten un alto valor como catalizador en química orgánica.