boicot

< antropónimo Boycott
  1. m DER/SOCIOL Prohibición de relacións cunha determinada persoa ou entidade co propósito de coaccionar ou castigar.
  2. boicot económico DER/SOCIOL Conxunto de medidas de presión económica previstas na Carta das Nacións Unidas e que consiste na interrupción total ou parcial das relacións económicas e das comunicacións cun determinado país.

Confrontaciones

Citas

  • O boicot contra a multinacional fixo que desistise nos seus propósitos
  • Serbia sufriu un boicot económico por mor da guerra en Kosovo