bispo

< lat episcopu ‘bispo’ gr επισκοπός ‘garda, protector’
  1. m RELIX Cristián que recibiu a ordenación episcopal e que ten ao seu cargo o coidado espiritual e o goberno eclesiástico dunha diocese.
  2. bispo auxiliar RELIX Bispo nomeado para axudar a outro bispo na administración da súa diocese.
  3. bispo coadxutor RELIX Bispo nomeado para axudar a outro con certa xurisdición e con dereito de sucesión automática no momento do cesamento do titular.

Citas

  • Foi bispo noutra diocese antes de ser arcebispo

Formas incorrectas

obispo

Palabras vecinas