bispado

< bispo
  1. m RELIX Dignidade de bispo.
  2. m RELIX Territorio eclesiástico en que ten xurisdición un bispo.
  3. m RELIX Residencia do bispo e oficinas da súa administración.
  4. m RELIX Período de goberno dun bispo.

Sinónimos

Confrontaciones

Citas

  • A homilía lerase en todas as parroquias do bispado de Tui-Vigo
  • A partida de bautismo tela que pedir no bispado
  • Co bispado de Xelmírez, Compostela converteuse nun gran foco de cultura
  • O arcediago é un serio candidato ao bispado

Formas incorrectas

obispado

Palabras vecinas