báscula

< fr bascule
  1. f TECNOL Sistema móbil que consiste nunha panca con brazos que oscilan alternativamente dun lado a outro en relación a un punto fixo de soporte.
  2. f TECNOL Tipo de balanza adaptada xeralmente para determinar pesos elevados.
  3. f TECNOL Dispositivo electrónico que ten dous estados de equilibrio e que é capaz de bascular dun lado a outro, alternativamente.
  4. báscula electrónica TECNOL Dispositivo para determinar a forza producida pola carga sobre o elemento receptor cando a forza actúa sobre unha ou máis células extensométricas.
  5. f TECNOL Máquina que se utiliza para levantar a ponte levadiza.

Confrontaciones