balanza

< lat bilance
  1. METROL
    1. f Instrumento que permite medir a masa dun corpo comparándoa coa doutro, de masa coñecida, mediante a igualación ou determinación da relación que existe entre os seus pesos nun campo gravitatorio calquera.
    2. balanza analítica Balanza aperiódica de precisión.
    3. balanza automática Balanza dun só prato que indica directamente a masa medida, equilibrando por si mesma a carga.
    4. balanza de precisión Balanza que, polo seu deseño, os seus materiais e a súa coidadosa construción, fai posible a determinación de masas cun grao elevado de exactitude.
  2. ECON
    1. f Cadro xeral das relacións de débeda e crédito que enlazan un ámbito económico co exterior.
    2. balanza comercial Parte da balanza de pagamentos que rexistra os intercambios de mercadorías entre un país e o resto do mundo.
    3. balanza de pagamentos Documento contable que recolle todas as transaccións económicas realizadas nun país durante un tempo determinado entre os seus residentes e os do resto do mundo.
  3. balanza da xustiza Símbolo ou emblema da xustiza, que se adoita representar cunha muller cos ollos tapados (alegoría da imparcialidade) que sostén unha balanza (símbolo do equilibrio).