baixo -xa

< lat v bassu ‘gordo e pouco alto’
Pliral: baixos Masculino: baixo Masculino plural: baixos Femenino: baixa Femenino plural: baixas
  1. adx Que ten pouca altura.
  2. adx Que está situado nun nivel inferior ao normal.
  3. adx Que está en dirección á terra ou cara ao solo.
  4. adx Que presenta un prezo inferior ao habitual.
  5. adx Que presenta pouca intensidade. Tm adv.
  6. adx Que é de pouca categoría ou importancia.
  7. adx CRON
    1. Aplícase ao período cronoloxicamente posterior, tardío ou próximo ao final, referido a unha época histórica.
    2. Aplícase á estación ou a unha tempada en que hai menos concorrencia de xente.
  8. MÚS
    1. adx Que é grave. Tm s m, referido a son ou a voz.
    2. baixo eléctrico Instrumento musical cordófono con son amplificado electricamente que se emprega no acompañamento das composicións musicais para resaltar ritmicamente con tonalidades baixas.
  9. m XEOG baixío.
  10. m Parte inferior dalgunha cousa.
  11. m Parte dun edificio que está ao mesmo nivel ca a rúa.
  12. Indica un lugar inferior. OBS: Tamén se emprega seguido da preposición de formando a locución prepositiva baixo de.
  13. baixa frecuencia FÍS/TECNOL
    1. Frecuencia de corrente alterna (BF) empregada para as transmisións radiofónicas.
    2. audiofrecuencia.
    3. Radiofrecuencia comprendida entre 30 e 300 kHz. Represéntase por LF.

Antónimos

Citas

  • A lingua dun rufián adoita presentar un rexistro baixo
  • A Semana Santa cadrou moi baixa
  • Aínda que traballemos en sitios diferentes, estamos todos baixo o mesmo capataz
  • Andar coa cabeza baixa
  • As Revoltas Irmandiñas producíronse na Baixa Idade Media
  • Brilla moito, pero a prata é máis baixa
  • É inadmisible que tivese un proceder tan baixo
  • É unha zona de casas baixas, Iniciamos a viaxe cando o sol aínda estaba moi baixo
  • Ese libro está na parte baixa da estantería
  • Esta lei promulgouse baixo o goberno anterior
  • Esta peza é apropiada para unha tesitura máis baixa
  • Falaba tan baixo que case non se lle entendía, Sentín que alguén cantaba unha canción baixiña moi bonita
  • Hai que tensar as cordas da guitarra porque dá as notas moi baixas
  • Limparon os baixos do coche
  • Na obra están moi ben caracterizados os personaxes baixos
  • No baixo do edificio abriron un supermercado
  • No verán é máis baixo o prezo da sardiña
  • O neno é un pouco baixo
  • O río levaba pouca auga e a barca encallou nos baixos
  • Os nenos xogaban a agocharse baixo da mesa
  • Viaxamos en temporada baixa porque é máis barato
  • Xustificouse dicindo que estaba baixo os efectos do alcohol, Os nenos quedan baixo a túa responsabilidade

Frases hechas

  • Baixo man
  • . Voar baixo. Correr.
  • . Con disimulo, en voz baixa
  • . Secretamente
  • Polo baixo