adxRelativo ou pertencente ao enlace triplo entre dous átomos de carbono ou aos compostos orgánicos que o conteñen, e que cando se atopa ao final dunha cadea os compostos acetilénicos califícanse como terminais.
smQUÍMHidrocarburo da serie acetilénica.
serie acetilénicaQUÍMSerie de hidrocarburos alifáticos insaturados, de fórmula xeral C n H 2n-2 , constituída polo acetileno e os seus homólogos superiores, e que se caracteriza pola presenza dun enlace triplo. Por extensión, conxunto dos compostos orgánicos nos que existe cando menos un enlace triplo. A existencia dunha gran variedade de produtos que proveñen dos compostos acetilénicos explica a importancia industrial do acetileno.