smQUÍMHidrocarburo de triplo enlace, extremo da serie chamada acetilénica. É moi inflamable e produce co aire mesturas moi estourantes, tamén pode estourar cando se comprime. A combustión dos acetilenos libera unha enerxía especialmente elevada que se emprega na soldadura e no corte dos metais.