sfAdmisión para ser oído, principalmente cando a concede algunha autoridade.
sfCOMUNConxunto de persoas que asiste a un espectáculo ou que decide sintonizar un programa dun medio de comunicación.
sfDERLugar onde se xuntan os Tribunais de Xustiza para celebrar as audiencias.
sfDER
Acto de escoitar a calquera persoa que intervén nun proceso xudicial.
Acto de dar a unha parte ou a un interesado a oportunidade de formular alegacións en defensa dos seus dereitos nun proceso xudicial.
sfHIST/DER/ADMÓrgano colexiado para a administración de xustiza, que polo xeral encarna a suprema instancia.
audiencia episcopalHIST/DER/RELIX
Tribunal do bispo.
Xurisdición recoñecida aos bispos polo emperador Constantino (318), con tendencia a ser limitada aos asuntos entre clérigos.
Audiencia NacionalDERTribunal con sede en Madrid e cunha xurisdición que abarca todo o Estado español. Está composto por tres salas: do penal, do contencioso-administrativo e do social.
Audiencia ProvincialDERTribunal, no Estado español, que xulga en primeira instancia causas penais por delitos graves, e en grao de apelación causas civís e penais por delitos menos graves.
audiencia públicaDERCelebración de determinados actos dos procesos xudiciais, e en especial as vistas civís e os xuízos orais penais, coa posible e libre asistencia.
Audiencia RealHIST/DER/ADMTribunal do rei, organismo superior de goberno nos reinos vencellados á Coroa de Castela durante a Idade Moderna, de extraordinaria importancia xurídica durante os ss XVI e XVII.