audición

< lat auditiōne
Pliral: audicións
  1. s f
    1. Acción e efecto de oír.
    2. FISIOL Percepción de ondas sonoras por un animal. Implica sempre a existencia de órganos receptores, de nervios auditivos e de ganglios ou centros nerviosos que transforman o estímulo mecánico das ondas en sons.
  2. s f Acción de facer en público un recital de versos, de canto ou un concerto musical.
  3. s f Calquera tipo de sesión ou programa.

Citas

  • Fomos ao teatro a unha audición de poemas de diversos autores
  • Tivemos unha audición en clase de inglés

Palabras vecinas