asento

< sentar
Pliral: asentos
  1. s m Acción e efecto de asentar ou asentarse.
  2. s m Calquera superficie ou moble que serve para sentar.
  3. s m Lugar ocupado por alguén que está sentado.
  4. s m Depósito das partículas suspendidas nun líquido.
  5. s m CONSTR
    1. Parte dun determinado elemento por onde este asenta nunha superficie.
    2. Capa de argamasa sobre a que se colocan os ladrillos cando se pavimenta.
    3. Descenso dos materiais dun edificio por maior unión ou compactividade, causada polo peso duns sobre os outros.
  6. s m DER
    1. Inscrición ou anotación de datos no libro dun rexistro.
    2. Contrato de fornecemento de exércitos ou asilos.
    3. Tratado ou axuste de paces.
  7. s m HIST/ECON Contrato establecido entre a monarquía hispánica e particulares, polo que aquela outorgaba en arrendamento por un tempo estipulado o monopolio dunha explotación comercial relacionada coas colonias americanas.

Citas

  • Este viño deixa moito asento
  • Estivemos traballando toda a tarde aínda que fixemos un pequeno asento ás sete
  • Fomos ver o partido e cando chegamos xa case non había asentos
  • Non conduce con présa porque é unha rapaza con moito asento
  • Non me resultan cómodos os asentos deste autobús

Frases hechas

  • Facer/ter bo/mal asento. Ter boa ou mala disposici
  • Non quentar o asento. Durar pouco tempo no mesmo posto de traballo.
  • Ser cu de mal asento. Non parar quieto.

Palabras vecinas