smECONAnotación que se fai nun libro contable referente a unha operación mercantil determinada para poder seguir as flutuacións da situación inicial.
smParte dunha cousa sobre a que se asenta outra.
sm
Lugar onde se establece unha persoa para vivir.
Feito polo que os colonos se establecen naquelas terras que lle foron asignadas.
smBÉLLugar ofensivo ou defensivo que ocupa cada unha das armas pesadas dunha unidade ou conxunto.
smCONSTRMovemento de descenso que fan as terras e os cimentos, piares ou paredes dunha construción a medida que van recibindo o peso das construcións que soportan.
smMARDiferenza entre o calado de popa e o de proa que caracteriza a pendente da quilla en relación co plano de flotación.
smTECNOLPrimeiro período de funcionamento dunha máquina durante o que os seus mecanismos traballan con axuste de serradura e que se estende ata que, polo rozamento, chega ao axuste óptimo.