ascenso

< lat ascensu
Pliral: ascensos
  1. s m Acción e efecto de ascender.
  2. s m Acción e resultado de chegar a un nivel, grao ou lugar máis alto.
  3. s m DEP Incorporación de categorías, nunha competición deportiva á inmediatamente superior logo de obter a clasificación ao longo dunha tempada.
  4. s m DER Nomeamento dun funcionario para un cargo público vacante, de superior categoría xerárquica á que exercía.

Sinónimos

Citas

  • Enriqueceuse polo ascenso dos prezos no mercado inmobiliario
  • O ascenso a director xeral supúxolle gran ledicia
  • O ascenso das temperaturas beneficia aos bañistas