acelerador -ra

< acelerar
Pliral: aceleradores Masculino: acelerador Masculino plural: aceleradores Femenino: aceleradora Femenino plural: aceleradoras
  1. adx Que acelera.
  2. s m Dispositivo que acelera ou retarda o movemento dun mecanismo.
  3. s m ARQUEOL ariante do método do Carbono 14 realizada mediante o acelerador ou coa espectometría de aceleración de partículas. Mide a cantidade de isótopo na mostra contando directamente os átomos remanentes, en lugar de facelo a través da súa radiación.
  4. s m ASTRON Motor-foguete auxiliar de gran potencia que serve para dar a un foguete espacial pesado a velocidade inicial.
  5. s m AUTOM
    1. Mecanismo que comanda a admisión da mestura gasosa nun motor endotérmico.
    2. Pedal ou panca que ao accionarse pon en funcionamento este mecanismo.
  6. s m FÍS Dispositivo destinado a acelerar os electróns nun tubo de raios catódicos ou en calquera tubo electrónico.
  7. s m QUÍM/IMAX Composto químico engadido aos reveladores para acelerar a acción lenta dos axentes redutores.
  8. s m TECNOL Bomba intercalada nun circuíto de calefacción central que activa a circulación da auga.
  9. acelerador de partículas FÍS Complexo de dispositivos deseñado para acelerar partículas materiais, coas que se provocan colisións violentas. O obxecto dun acelerador é fornecer feixes intensos de partículas con elevada enerxía cinética, provocar colisións entre eles e estudar os residuos destes choques.

Citas

  • Estragouse o acelerador da máquina de embotellar e tiveron que parar a producción unha semana
  • O fuxido pisou o acelerador do seu coche e conseguiu escapar