arranxo

< arranxar
Pliral: arranxos
  1. s m Acción e efecto de arranxar ou arranxarse.
  2. s m Acción de ordenar ou dispor algo de modo axeitado.
  3. s m Acción de arranxar mediante un acordo un conflito ou falta de entendemento entre dúas ou máis persoas.
  4. s m MÚS
    1. Composición que se basea nunha melodía ou obra musical dada.
    2. Adaptación que se fai dunha obra para instrumentos ou voces distintas dos orixinais.
  5. arranxo internacional DER Convenio outorgado por dous ou máis estados coa finalidade de modificar ou completar unha relación xurídica previamente establecida entre eles.

Sinónimos

Citas

  • A compañía de seguros non se fixo cargo do arranxo do coche
  • O arranxo da túa carteira é cousa túa
  • Os veciños chegaron a un amaño no tema do ascensor
  • Tes que facer o arranxo do teu cuarto antes de saíres, O arranxo do reloxo custoume pouco, Chegaron a un arranxo naquel asunto