arranque

< arrancar
Pliral: arranques
  1. s m Acción e efecto de arrancar.
  2. s m Punto ou circunstancia onde comeza unha acción.
  3. s m Axitación violenta do ánimo con perda de control sobre os propios actos.
  4. s m Decisión ou enerxía para facer algo.
  5. s m Motor de arranque dun vehículo ou máquina.

Citas

  • A túa moto fai moito ruído no arranque
  • Avariouse o arranque do coche
  • O arranque do seu enfado foron os celos
  • O seu arranque de ira abraiounos a todos
  • Os seus arranques eran moi orixinais
  • Temos arranque para iso e moito máis