timbre

< fr timbre
Pliral: timbres
  1. s m Selo que se estampa nun documento oficial para demostrar a súa autenticidade.
  2. s m Renda do tesouro público constituída polo importe dos timbres, selos, papel selado e outras imposicións que gravan a emisión, o uso e a circulación de certos documentos.
  3. s m TECNOL Aparato que se emprega como avisador acústico, constituído por unha pequena campá e un martelo que a golpea.
  4. s m FÍS/MÚS Calidade dun son que permite distinguilo dos outros que teñen idéntica altura e intensidade.