sapoconcho

< sapo + concha
Pliral: sapoconchos
  1. s m ANIMAL Réptil, da orde dos quelonios, mariño e terrestre, que presenta as extremidades curtas, un caparazón que protexe o corpo e un bico córneo sen dentes.
  2. sapoconcho común ANIMAL Réptil, da familia dos emídidos, que presenta a cuncha negra con debuxos radiais de cor amarela, unha cola longa e carece de placas inguinais.
  3. sapoconcho riscado ANIMAL Réptil, da familia dos emídidos, que presenta un plastrón ríxido, de cor vermella ou parda, o pescozo cunhas liñas lonxitudinais de cor amarela e a cola estreita e longa.
  4. sapoconcho verde ANIMAL Réptil mariño, da familia dos quelónidos, coa cuncha en forma de corazón e de coloración moi variable, que é considerado a tartaruga mariña de maior tamaño.