sapo

Pliral: sapos
  1. s m ANIMAL Anfibio que pertence aos xéneros Bufo, Discoglossus, Alytes e Pelodytes, da orde dos anuros, que se caracteriza por presentar o corpo groso, de pequeno tamaño, as patas traseiras curtas, a pel rugosa e os ollos saltóns.
  2. sapo común ANIMAL Anfibio, da familia dos bufónidos, que presenta as extremidades anteriores longas, dúas prominencias sobre os ollos, numerosas verrugas no dorso e nas costas e a cor da pel parda, vermella ou amarela.
  3. sapo comadrón ANIMAL Anfibio, da familia dos discoglósidos, que presenta o corpo robusto, sen glándulas parótides e con ollos prominentes con pupila vertical, que se caracteriza porque os machos portan os ovos ao redor das patas posteriores ata a eclosión. OBS: Tamén se denomina sapiño comadrón e sapiño troiteiro.

Refranes

  • Monte de sapo, pan no saco e no papo.