salmón

< lat salmōne
Pliral: salmóns
  1. ANIMAL/ICT
    1. s m Peixe que pertence aos xéneros Salmo, Oncorhynchus, Coregonus e outros, da familia dos salmónidos.
    2. salmón atlántico [Salmo salar] Peixe da familia dos salmónidos que presenta o corpo fusiforme e alongado, ollos pequenos e aletas pectorais e pélvicas pequenas, e amosa cor cinsenta no dorso, máis clara nos flancos e o ventre prateado.
  2. adx Que tira a alaranxada, semellante á da carne do salmón. Tm s m, referido a cor.