responsabilidade

< responsable
Pliral: responsabilidades
    1. s f Calidade da persoa que cumpre coas súas obrigas.
    2. s f responsabilidade colectiva s f HIST Responsabilidade considerada, en diversos pobos e relixións históricas, como característica propia e exclusiva da colectividade, de xeito que as faltas cometidas por unha xeración son imputables ás posteriores e poden ser castigadas en calquera dos seus membros ou no mesmo grupo como conxunto.
    1. s f DER Capacidade que ten todo suxeito activo de dereito de coñecer e de aceptar as consecuencias dun acto propio consciente e libre.
    2. responsabilidade xurídica DER Obriga que se ten de responder dos danos ou prexuízos causados.
    3. responsabilidade ministerial / DER/POLÍT Capacidade que, en réximes democráticos, teñen as cámaras lexislativas de esixirlles aos membros do poder executivo a responsabilidade dos seus actos.
  1. s f Situación de alguén que está ao cargo ou baixo as ordes de algo ou alguén.
  2. s f Obriga moral de render contas por algo.

Refranes

  • Antes teñas que dicir, que che teñan que dicir.
  • Ben sabe o burro onde omea.
  • Cousa feita feita está.
  • Do coiro che han de saír as correas, inda que ti non o creas.
  • O que enredou a meada, que saiba desenredala.
  • Quen coma as maduras, que roia as duras.
  • Quen queira nabos, vaia arrincalos.