responder

< lat respondēre
  1. v t Contestar algo para satisfacer unha pregunta, unha cuestión ou unha acusación. Tm abs.
  2. v i Contestar a unha pregunta, chamada ou comunicación ou a quen a fai.
  3. v i Ter a causa en algo determinado.
  4. v i Dar algo ou alguén o resultado que se espera.
  5. v i Responsabilizarse de algo ou de alguén.
  6. v i Adoptar unha actitude ante o que alguén di ou fai.

Sinónimos

Confrontaciones

Citas

  • A realidade do pobo responde a tantos anos de represión
  • As monxas respondían cada salmo do bispo
  • Carga o que queiras que a furgoneta responde
  • Eu respondo da súa profesionalidade
  • Non respondas a teu pai
  • Non respondía ás insinuacións do rapaz
  • O organismo respondeu ben ao transplante de corazón
  • Os cachorros responden a chamada da nai
  • Responde ao modelo de beleza da época
  • Responderon aos ataques do inimigo
  • Responderon que si, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Nunca respondía
  • Seu pai responde por el