resolución

< lat resolutiōne
Pliral: resolucións
  1. s f Acción e efecto de resolver ou resolverse.
    1. s f Decisión que se toma despois de reflexionar e valorar con atención unha cuestión problemática.
    2. resolución ordinaria Acto ou providencia que outorga o xuíz para que se faga ou execute aquilo que demandan as partes.
    3. resolución xudicial Determinación tomada polos tribunais de xustiza.
  2. s f Calidade da persoa que se amosa decidida e que actúa con seguridade.
  3. s f MAT Procedemento destinado a resolver un problema, especialmente unha ecuación ou un sistema de ecuacións.
  4. s f INFORM/TECNOL Capacidade dun dispositivo visualizador para representar puntos distintos das dimensións máis reducidas posibles.
  5. poder/límite de resolución FÍS Distancia mínima entre dous puntos, ou ángulo mínimo entre dous raios que entran nun sistema óptico dado, tales que as imaxes producidas por cada un deles se distinguen unha da outra.

Sinónimos