decisión

< lat decisĭōne
Pliral: decisións
  1. s f
    1. Acción de decidir ou decidirse.
    2. Aquilo que se decidiu.
  2. s f Calidade de decidido.
  3. DER
    1. s f Calquera resolución ou fallo dun xuíz ou do tribunal competente, en calquera controversia sometida á autoridade xudicial.
    2. s f Parte dispositiva dun acto que implica poder resolutorio nun expediente administrativo, nunha sentenza dun preito civil ou nunha causa criminal.
    3. s f Disposición comunitaria de dereito derivado, obrigatoria en todos os seus elementos.
    4. s f Parte dispositiva dunha lei ou regulamento.
  4. teoría da decisión estatística MAT Teoría matemática que consiste nunha aproximación unificadora á estatística matemática, baseada no concepto de xogo de estratexia, que inclúe a estimación puntual e por intervalos, e tamén a teoría dos contrastes de hipóteses.

Citas

  • A decisión foi unánime
  • Mostrou sempre moita decisión ao enfrontarse cos seus rivais
  • O árbitro tomou unha decisión equivocada, Non adoptamos a decisión máis correcta

Refranes

  • A quen dan en que escoller, danlle abondo que facer.
  • Máis fai o que quere có que pode.
  • Non falte vontá, que lugar e tempo non faltará.
  • Non quedo u por non querer senón por non poder.!
  • Nunca foi o acordo mellor có trasacordo.
  • O caso é que caso e xa non hai máis caso.
  • O gato saca as unllas, cando llas buscan.
  • Soilo me aconsellei e soilo chorei.

Formas incorrectas

apromo